martes, 26 de octubre de 2010

RED ESTATAL DE DESARROLLO RURAL

Na pasada Asemblea Extraordinaria celebrada en Lalín  o día 25/03/2010 acordouse solicitar adhesión á Red Estatal de Desarrollo Rural.
Esta Rede, constituída hai trece anos,  conta con 70 socios, e persegue coma fin principal:  "El desarrollo del medio rural mediante la coordinación de los distintos agentes e instituciones, la promoción y la potenciación de medidas encaminadas a favorecer el desarrollo, organizando cuantas actividades se estimen pertinentes (Artículo 4)".
Na última Xunta Directiva de REDER celebrada en Madrid o día 14 de Xaneiro de 2010 levouse, dentro dos asuntos do presidente, a cuestión da entrada da Asociación de GDRs de Galicia na REDER. O acordo tomado por esta X.D. foi o de permitir a adhesión da rede galega á dita rede estatal como membro de pleno dereito, ao tempo que se acordou que a Asociación de GDRs de Galicia ocupe un posto de vogal dentro da Xunta Directiva de REDER.
Dadas as especiais circunstancias económicas da Asociación de GDRs de Galicia a entrada en REDER faise sen custe de cota social durante o ano 2011.
A web da REDER é a seguinte: http://www.redestatal.com/

No hay comentarios:

Publicar un comentario