viernes, 29 de febrero de 2008

XORNADA “ASOCIACIÓNS DE DESENVOLVEMENTO RURAL”



O venres 22 de febreiro de 2008, celebrouse na Casa da Cultura de Bóveda a II Xornada temática sobre “Asociacións de Desenvolvemento Rural” organizada pola A.D.R. Rio Lor e se enmarca dentro do proxecto de cooperación interterritorial “Aprendendo da experiencia propia dos programas de desenvolvemento rural en Galicia 2000-2006”, que contou ca presencia de representantes dos Grupos de Acción Local de Galicia toda Galicia.

Nesta xornada realizouse unha análise das leccións aprendidas e as perspectivas de futuro para o período de programación do 2007 – 2013 dende as visións da Rede Española de Desenvolvemento Rural, de AGADER, do GDR Guadix de Andalucía, do ADRI Valladolid Norte, e dende a Asociación EuroEume.

A equipa técnica da empresa Quasar presentou os resultados no Eixe temático de Grupos de Acción Local, así coma aquelas boas prácticas realizadas e recomendacións para o próximo período.

O poñente Joaquín Olona Blasco, especialista en Desenvolvemento Rural, reflexionou sobre coma os grupos de acción local influíron nos derradeiros anos ao mantemento e mellora do medio rural; e Cesar Saénz Barrio, da Subdirección Xeneral de Estratexias do MAPA, disertou sobre a metodoloxía LEADER e o papel destas na mellora do mundo rural. A derradeira poñente, Mar Pérez Fra, resumiu todo o falado na xornada e propuxo distintas liñas de actuación para o próximo periodo 2007-2013.

No hay comentarios:

Publicar un comentario