jueves, 31 de enero de 2008

APRENDENDO DA EXPERIENCIA PROPIA


A punto de rematar o período para a execución dos Programas de desenvolvemento rural 2000-2006 en Galicia (LEADER +, PRODER II e AGADER), convén facer unha serie de reflexións por parte dos propios axentes implicados sobre a execución destes programas, sempre desde unha perspectiva crítica positiva e constructiva.

Para isto, varios grupos de acción local de Galicia, deciden deseñar un proxecto común e coordinado para aprender das experiencias, avaliar o resultado da posta en marcha dos seus programas (relación obxectivos - impactos, eficiencia - eficacia); intercambiar información, ferramentas e metodoloxías; poñer os seus territorios (e estratexias en rede), así como identificar e recoller unha serie de “boas prácticas” que permitan afrontar a nova programación 2007-2013 con pilares máis sólidos.

A filosofía Leader, e por extensión os propios Grupos de Acción Local, baséanse na participación da xente e entidades do territorio, da posta en valor dos recursos endóxenos, e do intercambio e aproveitamento de experiencias positivas levadas a cabo por outros grupos.

Resulta sorprendente o escaso debate que existe na sociedade galega sobre os chamados programas de desenvolvemento rural, o descoñecemento ao respecto das posibilidade de actuación que ofrecen os GAL, así como a ausencia a nivel autonómico de espacios de debate e intercambio de experiencias e propostas. Así e moi difícil que xurdan iniciativas de cooperación de certo calado.

Este proxecto pretende dar un paso adiante nesta dirección, poñendo no centro do debate as diferentes intervencións levadas a cabo e a metodoloxía a través da cal foi implementado. Para esto crearase un foro de debate que actúe como unha ferramenta de análise das actuacións levadas a cabo a través dos programas, das metodoloxías empregadas nos mesmos, e de cumplimento dos obxectivos propostos nos Planes Estratéxicos dos GAL participantes neste proxecto. Promovendo un debate constructivo que nos permita a todos extraer recomendacións de actuación de cara a futuro ademais de intentar aproximar a realidade dos diferentes grupos entre si

No hay comentarios:

Publicar un comentario